Seguidores

jueves, 5 de mayo de 2016

As novas tecnoloxias melloran o rendemento deportivo

As novas tecnoloxías teñen cada vez maior repercusión no deporte e as súas aplicacións multiplícanse.

Un dos elementos máis novos é o das cámaras hiperbáricas. Estes habitáculos simulan condicións de altitude de ata 2.000 metros sobre o nivel do mar, o que permite incrementar a cantidade de osíxeno en sangue que o atleta é capaz de transportar. O resultado é unha mellora evidente da capacidade respiratoria.

A biomecánica é outro factor crave. Máis aló do popularizado túnel de vento, ao que recorren ciclistas e pilotos de Fórmula 1 para optimizar a aerodinámica, diversos estudos demostran que alterar determinados hábitos corporais na execución de movementos mellora notablemente o rendemento. Esta circunstancia púidose comprobar coa vitoria de Rafael Nadal no US Open, onde o tenista realizou servizos a velocidades récord grazas a unha pequena modificación no grip da súa raqueta, que lle obrigaba a variar a posición de agarre. A confección de pezas deportivas tamén admite melloría en función do grao de implicación tecnolóxica no deseño. Neste punto, as investigacións en cinemática e estrutura de materiais resultan fundamentais. En natación, por exemplo, os traxes máis modernos compórtanse como unha segunda pel, de maneira que se minimiza a fricción coa auga e perfecciónase a adherencia corporal.

A tecnoloxía xoga tamén un importante papel no mantemento do ton muscular do deportista de elite, especialmente cando este debe permanecer inactivo tras sufrir unha lesión. Gran cantidade de atletas recorre á electroestimulación para retroalimentar músculos difíciles de adestrar nestas situacións.

Este sistema consiste na descarga de impulsos eléctricos débiles, pero suficientes para exercitar o músculo e evitar que permaneza sedentario. Por último, o uso da tecnoloxía permite liquidar lances dubidosos dun evento deportivo a partir de sistemas de cálculo e triangulación que precisan se a pelota tocou a liña ou non, como ocorre co ollo de falcón no tenis; ou se a circunferencia completa do balón pasou a liña de gol nun partido de fútbol, para o que se debate sobre a implantación de microchips electrónicos no interior do esférico.

Ao alcance de todos
Cada vez hai máis dispositivos no mercado a prezos accesibles. Algúns destes accesorios son ideais para realizar actividades cardiovasculares. É o caso dos pulsímetros, artefactos que controlan as pulsacións do corazón e permiten manter o ritmo cardíaco dentro dos valores recomendados para cada persoa. Esta tecnoloxía minimiza os riscos e garante que o usuario esprema todo o seu potencial saudable.

O sensor  do pulsímetro adoita colocarse cunha banda elástica ao redor do peito que envía por radio as pulsacións a un reloxo complementario. Os modelos máis avanzados gardan rexistros de adestramento e poden conectarse ao PC para controlar os progresos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario